luns, 16 de xuño de 2014

Teatro "Tres Lúas"


Domingo 22 de xuño ás 20:30 horas
 
 
 

 
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
 
 
 
 
 
O Clube Teatral Elsinor, presenta o seu espectáculo “Tres lúas”, escrito e

dirixido por Manuel Lourenzo.

Sinopse: Tres pezas nas que cinco actrices nos levan a un mundo cheo de


imaxinación e surrealismo. Tres historias de mulleres entre a inocencia e a
loucura. En Zanzíbar, dúas mulleres proxectan unha viaxe a Zanzíbar, no

oriente africano...En Noite pecha a bolsa de lixo de Marta ten un tamaño

sospeitoso...En O Binóculo desde o seu camerino, Cleo de Leo vixía a porta


do cabaré...
Elenco: Margot Reynoso, Carmen Martínez, Lara Valcuende, Begoña Lomba


e Noelia Papín.
Xénero: fantasía surrealista

Duración: 75 minutos



Entrada libre, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.

venres, 6 de xuño de 2014

AULAS DE VERÁN DA ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA


ANDARES POR GALICIA

O próximo día 21 de xuño levarase a cabo unha nova ruta do programa de sendeirismo Andares por Galicia – Oleiros polo monte. Nesta ocasión a ruta terá lugar polo Cordal de Ancares, en concreto polo primeiro tramo Tres Bispos - Penarubia, percorrendo un total de 18 km.

A ruta comezará no albergue de Ancares, seguindo polo camiño de campa dos Tres Bispos e chegando ata o Pico... dos Tres Bipos. Desde esta cume chegarase ata o pico de Penarubia. Dita ruta ten unha dificultade media - alta cun desnivel de 865m aproximadamente.

De xeito paralelo a esta ruta, e co obxecto de favorecer a participación, está programa unha ruta alternativa duns 15 km e cun desnivel de 480m que irá polo camiño de Campa do Carcabón ata a golada de Vara para regresar por Cabana Vella.

Todas as persoas interesadas pode inscribir a través do correo electrónico c.xuventude@oleiros.org, no centro de Cultural A Fábrica ou no teléfono 981 63 65 98

martes, 3 de xuño de 2014

Gala final da II Edición de Oleiros Comedia


Oleiros Comedia, ten como obxectivo principal o de potenciar a creatividade e a espontaneidade na expresión oral en lingua galega, a vez que empregan as novas formas de comunicación para traballar a creatividade, empregar o humor para opinar sobre os temas de actualidade. O programa tivo dúas liñas de acción, por unha banda o traballo escrito e por outra o traballo escénico, onde se organizou un obradoiro de expresión artística.

O vindeiro 6 de xuño terá lugar a Gala final desta II edición de Oleiros Comedia, no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

Nesta ocasión participan un total de 15 rapaces e rapazas que falaran de: Os pais, qué paliza¡; As “Clases sociais” do insituto; Os mestres, qué paliza¡.

Estarán acompañados polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música que formar parte do Combo de Moderna.

A entrada ao auditorio é de balde ata completar a capacidade da sala.

luns, 2 de xuño de 2014

Teatro "A rateira"

Sábado 7 de xuño ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera.


A compañía Teatro Azar, presenta o seu espectáculo "A rateira", de Ágatha Christie, baixo a dirección de Marisol Casal e Noli Buján.

Sinopse: Mollie e Guille acaban de inaugurar un hotel na reconvertida mansión Penamoteira. Un temporal de neve íllaos do resto do mundo xunto a outros cinco hóspedes. Ao pouco, o detecti...ve Trotter chega para alertar da inminente chegada dun asasino ou asasina ao hotel.

Elenco: Laura Marcela, Borja Villares, Sergio León, Sabela Cobelo, Brenda Romnero, Noa naveira, Xián Romero e María Gómez.

Xénero: suspense

Duración:90 minutos.

Entrada libre, ata completar a capacidade da sala. Todos os públicos

Exposición colectiva do obradoiro de fotografía de Ocioleiros





luns, 12 de maio de 2014

CURSO DE MONITOR DE COMEDOR ESCOLAR

O Centro de Información Xuvenil, segue co seu programa de formación para adultos, ofertando unha serie de cursos formativos que complementarán a formación dos participantes así como apórtalles novos coñecementos que contribúan a mellorar a situación laboral.
 
O curso quere dotar ao alumnado de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para poder desempeñar de xeito competente as funcións propias dun monitor de comedor escolar non universitario.
 
O programa formativo sería:

O papel do monitor de Comedor Escolar: Funcións, tarefas e responsabilidades.

O comedor escolar dentro do ámbito educativo e o seu funcionamento.

A nutrición na etapa escolar.

A dieta equilibrada.

Hixiene bucal.

Recursos educativos: habilidades comunicativas e sociais e aprendizaxe das dinámicas que garanticen o axeitado comportamento dos nenos e nenas.

Certificación en manipulación de alimentos.

Primeros auxilios ante situacións de emerxencia no comedor escolar.

 
O curso terá unha duración dunhas 30 horas distribuídas do seguinte xeito:

Do 2 ao 11 de xuño.

 
En canto ao horario este sería:

Do 2 ao 10 de xuño de 16:00 a 20:00

11 de xuño de 16:00 a 18:00.

 
A actividade terá lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, de Os Regos.
 
Unha vez rematado o curso farase entrega dun diploma acreditativo a aquelas persoas que teñan máis dun 75% de asistencia.
 
De xeito opcional as persoas participantes poderán realizar prácticas no comedor dos campamentos de verán que organiza o Concello de Oleiros.
 
O custo da actividade é de 49,50 € para os empadroados e de 82,50€ para os non empadroados.
 
As inscricións poderanse facer a través do correo c.xuventude@oleiros.org, no teléfono  981636598ou de xeito presencial no Centro de Información Xuvenil A Fábrica.

venres, 2 de maio de 2014

Presentación do libro Marxinados de Pepe Carballude

Presentación do libro Marxinados de Pepe Carballude, actividade organizada polas Bibliotecas municipais de Oleiros en colaboración coa editorial Galaxia.
Martes 6 de Maio ás 20:00 horas
No Auditorio do centro cultural A Fábrica
Pepe Carballude é escritor, tradutor e profesor de latín do Instituto Neira Vilas de Perillo. Aparte da súa traxectoria profesional na que destacan traducións de poetas latinos ou a obra A vida diaria dos romanos, ten un longo percorrido na literatura galega, podemos dicir que é un dos escritores principais de literatura infantil e xuvenil galega con títulos como:  Investigación 091, O talismán dos druídas, Xograres dun tempo novo, Miña avoa ten 13 anos, Andainas de Pedro Chosco, SOS, ¡Maldito DNI!, Paisaxe con fondo gris, Andrea quere ser maior, Romaxe de desventuras, A fraga misteriosa,  De como o Santo dos Croque se fai peregrino co que obtivo o Premio Barco de Vapor de literatura en galego no ano 2002, O deus desaparecido Premio Barco de Vapor de literatura en galego no ano 1990 ou Os gazafellos Premio Barco de Vapor en 1986, etc.


http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111254Marxinados é unha historia fermosa e emotiva de nenos e adolescentes que viven nun centro de menores, fálanos dun mozo que destacaba como xogador de baloncesto pero que un día decide deixalo e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na miseria, nas drogas... Pero tamén está alí a causa dunha historia de amor. Unha novela para pensar e reflexionar sobre as persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas, pero tamén unha novela para pensar e reflexionar nas persoas que as cambian para mellor, todos os días. Un conmovedor libro que nos chega a todos ao corazón e que non deixa indiferente a ninguén

luns, 7 de abril de 2014

Exposición de fotografia "En porto"

Exposición de fotografía
En porto
de Jhonny Muñoz


Do 10 ao 26 de abril
no centro cultural A Fábrica
Rúa do Inglés nº 13, Perillo

Inauguración: o xoves 10 de abril ás 20:00 horas.

Horarios:
De lun a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas
e os sábados de 10:00 a 13:30 horas

Oleiros Teatro "Asombrosamente increíble"




mércores, 26 de marzo de 2014

Video "As mulleres da miña vila"

Dentro do programa da ESCOLACOeducativa, e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, organizamos o concurso “As mulleres da miña vila” dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Con esta iniciativa educativa quixemos reforzar todo o traballo realizado na aula en favor da promoción de valores positivos e igualitarios, e convidar ao alumnado a reflexionar sobre as desigualdades de xénero que a día de hoxe seguen dividindo ao mundo en dúas metades, onde as mulleres, en moitos casos, se atopan en inferioridade de condicións.


martes, 25 de marzo de 2014

Prazos Matrículas 2014/2015 Escolas de Música e Danza



Publicación traballos I edición As mulleres da miña vila




Dentro do programa da ESCOLACOeducativa, e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, organizamos o concurso “As mulleres da miña vila” dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Con esta iniciativa educativa quixemos reforzar todo o traballo realizado na aula en favor da promoción de valores positivos e igualitarios, e convidar ao alumnado a reflexionar sobre as desigualdades de xénero que a día de hoxe seguen dividindo ao mundo en dúas metades, onde as mulleres, en moitos casos, se atopan en inferioridade de condicións.

A presente publicación recolle os 25 mellores traballos presentados nesta I edición.

Enlace a publicación de traballos

luns, 24 de marzo de 2014

II Encontro Consorcio das Mariñas

O acto terá lugar o sábado 29 na Universidade Laboral en Culleredo e comezará ás 19:00 horas. Neste acto participarán o Coro e o Combo de Percusión da Escola de Música e o grupo de Street Dance da Escola de Danza do Concello de Oleiros.

 
AGRUPACIÓN: CORO DA EMMO
-“An Irish Blessing” . James E . Moore
- “Bibbidi-Bobbidi-Boo”. M.David e A. Hoffman
- “Al villano se la dan”. Anónimo s. XVII
- “Lo más vital”. T. Wilson

AGRUPACIÓN: GRUPO STREET DANCE DA EMDO
MEZCLÉ: “Nalepa Monday” ( The Glitch Mob)+ “Heartbeat” (Nneka)+“Jump”( Rihanna)


AGRUPACIÓN: COMBO DE PERCUSIÓN. EMMO
-“Te Deum” (obertura).Charpentier
-“Romeo´s Gone Now”.Hampton

Andares por galicia


Aberto o prazo de inscrición para a saida de senderismo do sábado 5 de Abril a Serra de O Bocelo, todavía quedan prazas. Para máis información podedes chamar por teléfono o Centro de Información Xuvenil ao 981.63.65.98, manda un correo electrónico a c.xuventude@oleiros.org, ou en persona no Centro Cultural A Fábrica.

Teatro "O home almofada"


Mesa Redonda "Teño un fillo de altas capacidades, e agora qué?





O Concello de Oleiros celebra unha mesa redonda orientada a mostrar os pais e nais como potenciar as capacidades dos seus fillos e fillas. A charla celebrarase o próximo mércores 26 de marzo ás 20.00 horas no auditorio da Fábrica. Esta mesa redonda, titulada Teño un fillo de altas capacidades, e agora que?, ofrecerá unha visión familiar e escolar sobre este tema. Como trataremos como pais e educadores a educación dos nosos fillos e fillas. No simposio participarán Margarita Beceiro, orientadora do CEIP Mosteirón, ademais participará a nai dun adolescente de altas capacidades, Elena Rivas, que achegará a súa visión e experiencia.

Curso preparatorio en ESO

O Concello de Oleiros organiza un Curso preparatorio para a obtención do Título de Graduado en ESO, coa finalidade de preparar academicamente ao alumando asistente para que supere satisfactoriamente as probas libres para maiores de 18 anos que convoca a Xunta de Galicia para a obtención de dito título en ESO.
 
Co obxecto de explicar en que consiste este curso a vez que informar sobre a estrutura e celebración da probas, celebrarase unha xuntanza informativa no Centro Municipal de Formación, Isaac Díaz Pardo, en Os Regos, o vindeiro mércores 26 de marzo ás 10:00h.

mércores, 19 de marzo de 2014

Entrega de premios concurso "As mulleres da miña Vila"

O Concello de Oleiros, dentro do programa ESCOLAcoeducativa destinado á promoción dos valores da Igualdade nos centros educativos, organizará este venres día 21 ás 19:00h no Centro Cultural A Fábrica un acto público de recoñecemento ás mulleres protagonistas dos traballos presentados polo alumnado de 1º e 2º da ESO ao concurso. Así mesmo,  farase entrega do premio ao autor ou autora do traballo que obtivo unha maior puntuación nas valoracións do xurado.
 
 Información sobre a actividade:
O Concello de Oleiros, co fin de integrar a coeducación no quefacer diario dos centros educativos, puxo en marcha un programa de coeducación para Educar en Igualdade, e traballar así a promoción dos valores da Igualdade de oportunidades. O programa conta con  diversas actuacións que se van desenvolvendo ao longo do ano, traballándose de forma máis específica datas sinaladas como o 8 de marzo. Entre as actuacións coeducativas previstas para conmemorar o 8 de marzo estivo a organización do I Concurso “As mulleres da miña vila” dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO, no que se lles propuxo que investigasen sobre a vida das mulleres do noso Concello e fixesen a súa “historia de vida”. A actividade tivo como finalidade educativa  ampliar o seu coñecemento sobre a historia do Concello, dar a coñecer a vida das mulleres como protagonistas da nosa historia máis recente, e visibilizar as desigualdades entre mulleres e homes no ámbito familiar, laboral, social, etc.
Entre todas as historias de vida presentadas ao concurso, un xurado composto por persoal da Concellería de Ensino e Xuventude e membros das ANPAs, tivo a misión de seleccionar a historia gañadora do premio. Foron varios os criterios que se tiveron en conta á hora de seleccionar os traballos, pero tiveron un grande peso a creatividade e/ou orixinalidade na exposición do traballo, o formato de presentación, e a coherencia entre o traballo e a temática do concurso, entre outros.
 
Os 25 traballos finalistas recolléranse nunha edición electrónica que será distribuída entre os centros educativos participantes e publicarase na páxina web do concello. Así mesmo, cos autores e autoras dos traballos finalistas gravouse un audiovisual para dar a coñecer os traballos e facerlles unha homenaxe ás mulleres protagonistas.
                                                                                                                      
A entrega do premio, e o visionado do audiovisual, terá lugar este venres día 21 de marzo ás 19:00h no Centro Cultural A Fábrica. Neste acto de portas abertas realizarase un recoñecemento público ás mulleres protagonistas das historias de vida, pola súa contribución a favor da familia e/ou pola súa actividade produtiva local. Con esta homenaxe preténdese dar a coñecer cal era a situación da muller, na historia máis inmediata, e poñer en valor as actuacións de mulleres que poidan ser motivadoras para a sociedade en xeral.


Presentación do programa "Andares por Galicia 2014"

Venres 21 de marzo ás 20:30 horas
Centro Cultural A Fábrica

O Concello de Oleiros presentará o próximo venres ás 20.30 horas no auditorio da Fábrica a nova edición do programa de sendeirismo e montañismo Andares por Galicia. Este programa é un conxunto de interesantes actividades de sendeirismo clásico cunha dificultade media e alta.  A programación para este ano, suxeita a cambios por cuestións da climatoloxía e outros imprevistos, inclúe visitas á Serra do Bocelo (5 de abril), ao Canón do Eume (10 de maio), Río Mao (4 de outubro) e Devesa da Rogueira (15 de novembro).

Ademais, co obxecto de aumentar a participación xuvenil e crear un grupo de mozos e mozas interesados nas actividades na natureza, poñemos en marcha Oleiros polo monte, programa de sendeirismo de montaña cun nivel alto de dificultade. A programación para este ano, suxeita a cambios por cuestións da climatoloxía, prevé visitar Cordal Ancares (21 de xuño), Fervenzas do río Cambás (19 de xullo), Pico Catoute (6 de setembro).

A inscrición para as rutas poderase facer por correo electrónico,
c.xuventude@oleiros.org, por teléfono no 981 636 598 ou ben en persoa no centro cultural A Fábrica 15 días antes da celebración da ruta na que se queira participar.


Enlace a páxina de información




luns, 17 de marzo de 2014

Campa Abril



CAMPA ABRIL
Campamento de tres días onde os nenos e nenas a través de actividades artísticas educativas, aprenderán xogando, traballaremos na súa autonomía persoal e na adquisición de hábtiso saudables.
Levarán a cabo obradoiros de cociña divertida, de cómic, de reciclaxe e sobre todo grandes xogos de animación en grupo.

DESTINARIOS:
  • Nenos e nenas nacidos entre o 2011 e o 2008.
  • Nenos e nenas nacidos entre o 2007 e o 2002.
 LUGAR:  CEIP Isidro Parga Pondal.
 
 HORARIO:  9:00 – 14:00 horas.
 TEMPORALIZACIÓN: 14, 15 e 16 de abril.
 NÚMERO DE PRAZAS:
  •  25 prazas para os nacidos entre o 2011 e o 2008
  •  25 prazas para os nacidos entre o 2007 e o 2002
 PREZO ORIENTATIVO: 24,50 € (Empadroados - 40,80 € (Non empadroados)
 PREINSCRICIÓN:
  • Ata o 25 de marzo.
  • Pódese facer a través do correo electrónico c.xuventude@oleiros.org, presencialmente nas oficinas do Centro Cultural A Fábrica , ou a través da Web municipal www.oleiros.org .
 SORTEO: 26 de marzo, no auditorio de A Fábrica. En caso de que se houbera máis solicitudes que prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público (letra por apelido)

 INSCRICIÓN: Do 27 de marzo ata o 2 de abril.
 
Folleto informativo
Folla de inscrición

Contando en Feminino

Contos sobre a igualdade por Ana Hermida

19 de Marzo ás 18:30 horas
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz

A Partir de 3 anos.

Concerto Najla Shami

20 de Marzo ás 20.00 horas
Teatro As torres de Santa Cruz
Najla Shami Canta a Rosalía de Castro




Teatro "As do Peixe"

Sabado 22 de marzo ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez

xoves, 13 de marzo de 2014

Exposición de Pintura "un paso mais" de Bego Tojo















Do 20 de marzo ao 3 de abril
Lugar: centro cultural A Fábrica (Rúa do inglés nº 13 - Perillo

Inauguración o xoves 20 de marzo ás 20:00 horas.

Non faltedes.

martes, 11 de marzo de 2014

Concerto solidario


O vindeiro 16 de marzo no Auditorio Municipal "Gabriel García Márquez" en Mera, Oleiros, celebrarase un concerto solidario pola Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros (Banda De Oleiros Bemmo) a favor da ONG Tierra de hombres. O acto escomenzará as 18:30 horas e a entrada/donativo será de 5 €. Contamos con vos.

Oleiros pon en marcha o seu Programa de alimentación saudable para escolares

Oleiros, 10 de marzo 2014-.  O Concello de Oleiros está a pór en marcha ao longo destes días o seu Programa de alimentación saudable, comida e saúde nos tres institutos de ensino público do municipio. Nesta iniciativa  participarán tanto o alumnado de 1º e 2º da ESO como o seu profesorado.

Os trastornos alimenticios, a mala alimentación, así como os hábitos sedentarios son uns dos problemas da sociedade actual e sobre todo na mocidade. A través deste programa, así como doutras accións que se levan a cabo desde o Concello, búscase promover hábitos de vida saudables a nivel físico e emocional. Sentando así as bases do benestar do alumnado, baseándonos nas súas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

O obxectivo desta iniciativa que leva a cabo a Concellería de Ensino e Xuventude é promover valores, actitudes e hábitos que incidan nun modo de vida saudable e equilibrado tanto a nivel físico como emocional. Ademais, as charlas e obradoiros invitan a reflexionar sobre algúns hábitos de vida que poidan indicar un trastorno alimentario ao mesmo tempo que promoven unha actitude crítica ante os estilos de vida como elementos condicionantes da saúde e determinados por factores culturais e sociais, vinculado polo consumo de alimentos de orixe industrial e precociñados. Ademais durante as xornadas fórmase aos estudantes para que poidan recoñecer os beneficios da actividade deportiva, en canto aos tres niveis da saúde: mental, físico e social.

O humor como ferramenta
Como xa aconteceu o curso pasado, e tendo en conta a boa aceptación, incluíuse dentro do programa de actividades a representación do monólogo P.G.U. (Partido de Gordos Unidos), a cargo do humorista Pedro Brandariz. Nesta actuación nárrase a vida dun gordo. Pedro Brandariz, cun estilo agresivo e transgresor, conta diversas peripecias da súa vida desde a perspectiva de gordo. P.G.U. non é un monólogo clásico, onde toda a importancia está no guión, senón que Brandariz leva a cabo un “monólogo clown”, onde non só importa o que se di, senón tamén a forma de dicilo, a personaxe, etc. A partir das situacións cómicas o monologuista analiza a importancia dos patróns de alimentación, relativizando as directrices estéticas que nos marca o sistema de publicidade actual.  Unha das mensaxes primordiais que se lanza é que para ser feliz non hai que ter un corpo esvelto, ou unhas medidas perfectas, senón que o importante é aceptarse a un mesmo ou a unha mesma tal e como somos.

mércores, 5 de marzo de 2014

Viaxe Cultural


Madrid, cidade referente no panorama internacional pola súa importante oferta Cultural, e Ávila, cidade declarada patrimonio da humanidade en 1985, son as cidades que visitaremos na edición número nove da viaxe organizada polo Departamento de Cultura do 17 ao 20 de abril. El Escorial, Tordesillas e Segovia serán outros dos lugares que visitaremos. O prazo de inscrición para as persoas
interesadas que están empadroadas no Concello comeza o luns 10 de marzo. O prazo de inscrición conxunto, para persoas empadroadas e non empadroadas, en caso de non cubrirse as prazas no primeiro prazo, comezará o luns 17 de marzo.
As persoas participantes aloxaranse en Madrid nun hotel de 3* en habitacións dobres. O prezo inclúe transporte en autocar, visita guiada en Madrid (con entrada ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o museo nacional español de arte do século XX que conta con importantes coleccións de autores como Pablo Picasso, Salvador Dalí, Juan Gris, Eduardo Chillida e Antoni Tàpies, entre outros), visita guiada en Ávila (con entrada á Muralla e á Catedral), os almorzos dos días 18, 19 e 20, o xantar dos días 17 e 20 de marzo e seguro de viaxe.

As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse no teléfono 981610000 (Departamento de Cultura) ou no enderezo electrónico: cultura@oleiros.org


martes, 25 de febreiro de 2014

Programación Festas Infantis do Entroido. Oleiros 2014


Andares por Galicia 2014


Durante o ano 2014 o Centro de Información Xuvenil pon en marcha unha nova edición do programa Andares por Galicia, sendeirismo clásico cunha dificultade media - alta. A programación para este ano, suxeita a cambios por cuestións da climatoloxía e outros imprevistos é: 
  • 5 de abril, Serra de O Bocelo.
  • 10 de mario, Cañón do Eume.
  • 4 de outubro, Río Mao.
  • 15 de novembro, Devesa da Rogueira e magosto.
Co obxecto de aumentar a participación xuvenil e crear un grupo de mozos e mozas interesados nas actividades na natureza, poñemos en marcha Oleiros polo monte, sendeirismo de montaña cun nivel alto. A programación para este ano, suxeita a cambios por cuestións da climatoloxía e outros imprevistos é:
  • 21 de xuño, Cordal Ancares.
  • 19 de xullo, Fervenzas do río Cambás.
  • 6 de setembro, Pico Catoute.
A inscrición para as rutas poderase facer por correo electrónico,c.xuventude@oleiros.org, por teléfono no 981636598 ou ben en persoa no Centro Cultural A Fábrica 15 días antes da celebración da ruta na que se queira participar.



Paraphernalia en concerto

Venres, 28 de febreiro ás 20:30 horas, no centro cultural A Fábrica

Este venres farase a presentación oficial do novo disco do cuarteto Paraphernalia titulado "Zugzwang"

A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

O cuarteto está formado por:

Israel Arranz, vibráfono
Fernando Varela, guitarra
Pablo Pérez, contrabaixo
Fernando Lamar, batería.










Enlace Facebook Paraphernalia - Facebook
Enlace mostra Disco - http://www.youtube.com/watch?v=-R3zSL8Mqzk

Proxección. Pre-Estrea "Blockbuster"


Presentación publicacionn "Oleiros na memoria"

Xoves, 27 de febreiro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural A Fábrica.
Presentarase a publicación elaborada polas persoas que participan nos Talleres de Memoria que desenvolve a Concellería de Servizos Sociais en todas as parroquias do Concello de Oleiros.
Tanto as fotos como os textos desta publicación foron elaborados polas persoas participantes, axundándonos a recuperar parte do noso patrimonio cultural e da nosa historia por parte dos seus protagonistas.
Haberá unha mesa redonoda na que falarán unha participante nos talleres,  o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, e Miguel Anxo Prado, dibuxante e autor do comic "Ardalén", recente premio nacional de comic por esta obra, na que trata dos recordos e da memoria, como elementos para contar unha fermosa historia a cabalo entre o Caribe e o Caurel.

domingo, 23 de febreiro de 2014

February street dance leon 2014

Saida das alumnas da escola municipal de danza para participar no February street dance 2014. !Que teñades sorte!


venres, 21 de febreiro de 2014

Oleiros proxecta unha curta documental que amosa a educación en igualdade que se desenvolve nas escolas infantís do municipio

O Concello de Oleiros proxecta o próximo venres 21 de febreiro ás 19.00 horas no Centro Cultural A Fábrica a curta Xogando a ser iguais. Este breve documental pretende amosar a educación en igualdade que se desenvolve en todas as escolas infantís do Concello de Oleiros.  Ao longo do pasado ano desenvolvéronse distintas actividades cos nenos e nenas de 2 a 3 anos do último nivel das escolas infantís de Oleiros, as ditas actividades foron gravadas e serviron de base para a elaboración deste audiovisual. Esta proxección foi organizada para os seus protagonistas, os nenos e as nenas deses grupos de idade e as súas familias, polo que despois do audiovisual haberá unha sesión de contacontos a cargo de Teresa Grau.

A educación en igualdade nas escolas infantís é fundamental, xa que incorpora na educación dos homes e mulleres do futuro a perspectiva de igualdade. Este acto inclúese dentro da programación municipal para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra o vindeiro 8 de marzo.

Esta data reivindica a loita da muller pola súa participación total na sociedade, pola igualdade e polo seu desenvolvemento íntegro como persoa. O Concello de Oleiros fai desta reivindicación das mulleres unha causa propia, incorporando sempre a igualdade, de forma transversal, ás súas políticas e actuacións. Por este motivo, coincidindo con esta data, desenvolve unha ampla serie de actividades e actos desde distintas concellerías apoiando o papel da muller na nosa sociedade.