luns, 18 de novembro de 2013

Acto da Real Academia Galega no que se homenaxea a Pardo de Andrade

Oleiros acolle o acto da Real Academia Galega no que se homenaxea a Pardo de Andrade no bicentenario da publicación de «Os rogos de un gallego»

    O auditorio do complexo cultural A Fábrica acolle o próximo xoves 21 de novembro un acto de homenaxe á figura de Manuel Pardo de Andrade con motivo do bicentenario da publicación da súa obra Os Rogos dun gallego. Durante o acto, organizado pola Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Oleiros e a Secretaría Xeral de Cultura, presentarase o novo facsímile conmemorativo desta obra editada pola Real Academia.

    O acto comezará ás 19.00 horas cunha serie de conferencias sobre o autor. As  charlas comezarán coa intervención de Henrique Monteagudo que  profundará na obra en galego de Manuel Pardo de Andrade: posteriormente será a quenda de Rosario Álvarez Blanco, que disertará sobre o idioma galego utilizado polo autor. Por último intervirá Xesús Alonso Montero, quen fiará o seu discurso en torno a unha charla titulada Da excelencia literaria dun romance de cego.

    Posteriormente, sobre as 20.45 horas, a xornada será clausurada coas intervencións de Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros, Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega e Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.

Teatro "Misión Sapiens"