martes, 17 de decembro de 2013

Belén vivente

O sábado 21 de decembro ás 18:30 horas
nas rúas e praza da constitución de montrove



A mia primeira Rosalia

Venres 20 de decembro do 2013
ás 21.00 horas
Centro Cultural A Fábrica (Perillo)


Libro- disco editado por Edicións Xerais no que se recolle unha antoloxía poética de Rosalía de Castro, unha pequena biografía e un CD con 12 cantigas baseadas nos seus poemas interpretadas por María Manuela, Mini, Mero e Xiana Lastra. 

luns, 16 de decembro de 2013

Concerto de Nadal das corais municipais

Domingo 22 de decembro as 19:30 horas
no Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

Coro Tradicional Dorna
Coro de Oleiros
Coral Polifónica de Mera
Coral Polifónica Lembranza de Lorbé
Coral Polifónica Airiños de Nós
Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz



Festival de Nadal "Semente Nova"

Domingo 22 de Decembro ás 18:00 horas
No Centro Cultural A Fábrica


venres, 13 de decembro de 2013

As pombas de Carboeiro

Trátase dun breve e ameno percorrido por algunhas músicas e textos medievais (as cantigas de Pero Meogo ou o romance del Conde Niño, por exemplo).

A aparente sobriedade da escenografía vai desvelando, pouco e pouco, un marabilloso e variado repertorio de trucos tan discretos, como eficaces e divertidos.

Data: 21 de decembro ás 20:30 horas

Lugar: Centro Cultural A Fábrica

Duración: 60 minutos

Idade recomendada: Todos os públicos, recomendado maiores 12 anos

Xenero: Narración oral e música en directo

OLIVER TWIST

As Escolas Municipais de Música e Danza, presentan 
OLIVER TWIST

Adaptación da obra homónima do escritor Charles Dickens

O 21 de decembro do 2013
ás 12:00 horas
no Auditorio Municipal Gabriel García Márquez


 Oliver Twist veu a este mundo de sombras, penas e preocupacións, a mediados do século XIX, nun deses antigos hospicios que poboaban unha cotrosa e inmunda cidade.
Os bailarín e bailarinas de 2º de Danza Clásica, Danza Carácter, 1º e 2º de Danza Contemporánea, 1º, 2º e 3º de Danza de Repertorio e 1º, 2º, 3º e 4º de Danza Moderna da Escola Municipal de Danza, en colaboracion coa Orquesta de Cordas, o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música e o Coro Statu Variabilis, darán vida a esta conmovedora historia que Charles Dickens escribiría por fascículos no 1837, cando apenas contaba con 25 anos de idade.


luns, 9 de decembro de 2013

Doces de Nadal

No Auditorio do Centro Cultural A Fábrica
Xoves 26 - Arrolos de salitre
Venres 27 - A nena e o grilo nun barquiño

Público Familiar. Idades recomendada maiores 3 anos.
Preso 2€. As entradas poñeranse á venda a partir das 18.00 horas.
Ata completar a capacidade da sala.


Concerto de Nadal da Banda

Sábado 14 de Decembro ás 18:00 horas



Mesa Redonda "Sexualidade non é algo que temos, é algo que somos"

O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Ensino e Xuventude organiza para o próximo xoves día 12 unha mesa redonda sobre educación sexual en adolescentes destinada para pais e nais da mocidade do municipio. A charla, que comezará ás 19.30 horas no auditorio do complexo cultural A Fábrica de Perillo, estará presentada por Sandra Fernández, concelleira de Ensino e Xuventude e moderada por Martín Vazquez Añel, sociólogo e educador no Programa de Educación Sexual Oleiros deste ano.
Na charla intervirá Vanesa Rodríguez Pousada, psicopedagoga e socia fundadora de ASEIA que falará de como orientar a comunicación afectivo-sexual cos nosos fillos e fillas e da influencia dos medios de comunicación. Posteriormente falará Ana María Luces Lago, matrona e formadora en educación afectivo-sexual, que disertará sobre a realidade das sexualidades adolescentes desde o punto de vista sanitario.

luns, 18 de novembro de 2013

Acto da Real Academia Galega no que se homenaxea a Pardo de Andrade

Oleiros acolle o acto da Real Academia Galega no que se homenaxea a Pardo de Andrade no bicentenario da publicación de «Os rogos de un gallego»

    O auditorio do complexo cultural A Fábrica acolle o próximo xoves 21 de novembro un acto de homenaxe á figura de Manuel Pardo de Andrade con motivo do bicentenario da publicación da súa obra Os Rogos dun gallego. Durante o acto, organizado pola Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Oleiros e a Secretaría Xeral de Cultura, presentarase o novo facsímile conmemorativo desta obra editada pola Real Academia.

    O acto comezará ás 19.00 horas cunha serie de conferencias sobre o autor. As  charlas comezarán coa intervención de Henrique Monteagudo que  profundará na obra en galego de Manuel Pardo de Andrade: posteriormente será a quenda de Rosario Álvarez Blanco, que disertará sobre o idioma galego utilizado polo autor. Por último intervirá Xesús Alonso Montero, quen fiará o seu discurso en torno a unha charla titulada Da excelencia literaria dun romance de cego.

    Posteriormente, sobre as 20.45 horas, a xornada será clausurada coas intervencións de Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros, Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega e Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.

Teatro "Misión Sapiens"


venres, 15 de novembro de 2013

Mesa redonda "Iguadade de Xénero e Educación"



A Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros, organiza unha mesa redonda sobre a Igualdade de xénero e a Educación, que terá lugar no Centro Cultural A Fábrica o día 20 de novembro ás 20:00 h.

Esta mesa redonda enmarcase dentro do programa de educación para a saúde de Oleiros, en concreto na Escola de Pais e Nais. O obxectivo destas mesas redondas é o de achegar a todos os pais e nais, así como os veciños en xeral, as distintas accións e programas que o Concello de Oleiros leva a cabo nos Centros Educativos. Xa que o éxitos dos programas educativos está na colaboración conxunta e estreita entre familias, centros educativos e Concello.

O día 20 de novembro falaremos da igualdade de xénero e da educación desde a liña da investigación no social e no mundo escolar, dos programa de intervención cos adolescentes e presentarase o programa Escola Coeducativa que o Concello de Oleiros pon a andar neste curso 2013 – 2014.

A mesa estará composta por Dona Ana Iglesias Galdo, decana de Ciencias da Educación da UDC, co seu relatorio “Igualdade de xénero e educación, de qué falamos?; Dona Natalia Domínguez Galán, educadora social, co seu relatorio “A experiencia profesional de intervención en programas de igualdade con adolescentes” e Dona Sandra Fernández Fernández, concelleira de Ensino e Xuventude de Oleiros, con “ Escola Coeducativa”.

domingo, 10 de novembro de 2013

Concerto: "Quinito Mourelle & Roberto Zomoza"

Venres 15 de Novembro ás 21.00 horas.
Auditorio do centro cultural a Fábrica, Perillo

O pianista, novelista e crítico de jazz Quinito Mourelle e o saxofonista Roberto Somoza únense para presentar temas do seu último dísco.





Entrada libre ata completar a capacidade da sala