mércores, 26 de marzo de 2014

Video "As mulleres da miña vila"

Dentro do programa da ESCOLACOeducativa, e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, organizamos o concurso “As mulleres da miña vila” dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Con esta iniciativa educativa quixemos reforzar todo o traballo realizado na aula en favor da promoción de valores positivos e igualitarios, e convidar ao alumnado a reflexionar sobre as desigualdades de xénero que a día de hoxe seguen dividindo ao mundo en dúas metades, onde as mulleres, en moitos casos, se atopan en inferioridade de condicións.