mércores, 19 de marzo de 2014

Presentación do programa "Andares por Galicia 2014"

Venres 21 de marzo ás 20:30 horas
Centro Cultural A Fábrica

O Concello de Oleiros presentará o próximo venres ás 20.30 horas no auditorio da Fábrica a nova edición do programa de sendeirismo e montañismo Andares por Galicia. Este programa é un conxunto de interesantes actividades de sendeirismo clásico cunha dificultade media e alta.  A programación para este ano, suxeita a cambios por cuestións da climatoloxía e outros imprevistos, inclúe visitas á Serra do Bocelo (5 de abril), ao Canón do Eume (10 de maio), Río Mao (4 de outubro) e Devesa da Rogueira (15 de novembro).

Ademais, co obxecto de aumentar a participación xuvenil e crear un grupo de mozos e mozas interesados nas actividades na natureza, poñemos en marcha Oleiros polo monte, programa de sendeirismo de montaña cun nivel alto de dificultade. A programación para este ano, suxeita a cambios por cuestións da climatoloxía, prevé visitar Cordal Ancares (21 de xuño), Fervenzas do río Cambás (19 de xullo), Pico Catoute (6 de setembro).

A inscrición para as rutas poderase facer por correo electrónico,
c.xuventude@oleiros.org, por teléfono no 981 636 598 ou ben en persoa no centro cultural A Fábrica 15 días antes da celebración da ruta na que se queira participar.


Enlace a páxina de información