luns, 16 de xuño de 2014

Teatro "Tres Lúas"


Domingo 22 de xuño ás 20:30 horas
 
 
 

 
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
 
 
 
 
 
O Clube Teatral Elsinor, presenta o seu espectáculo “Tres lúas”, escrito e

dirixido por Manuel Lourenzo.

Sinopse: Tres pezas nas que cinco actrices nos levan a un mundo cheo de


imaxinación e surrealismo. Tres historias de mulleres entre a inocencia e a
loucura. En Zanzíbar, dúas mulleres proxectan unha viaxe a Zanzíbar, no

oriente africano...En Noite pecha a bolsa de lixo de Marta ten un tamaño

sospeitoso...En O Binóculo desde o seu camerino, Cleo de Leo vixía a porta


do cabaré...
Elenco: Margot Reynoso, Carmen Martínez, Lara Valcuende, Begoña Lomba


e Noelia Papín.
Xénero: fantasía surrealista

Duración: 75 minutos



Entrada libre, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.

venres, 6 de xuño de 2014

AULAS DE VERÁN DA ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA


ANDARES POR GALICIA

O próximo día 21 de xuño levarase a cabo unha nova ruta do programa de sendeirismo Andares por Galicia – Oleiros polo monte. Nesta ocasión a ruta terá lugar polo Cordal de Ancares, en concreto polo primeiro tramo Tres Bispos - Penarubia, percorrendo un total de 18 km.

A ruta comezará no albergue de Ancares, seguindo polo camiño de campa dos Tres Bispos e chegando ata o Pico... dos Tres Bipos. Desde esta cume chegarase ata o pico de Penarubia. Dita ruta ten unha dificultade media - alta cun desnivel de 865m aproximadamente.

De xeito paralelo a esta ruta, e co obxecto de favorecer a participación, está programa unha ruta alternativa duns 15 km e cun desnivel de 480m que irá polo camiño de Campa do Carcabón ata a golada de Vara para regresar por Cabana Vella.

Todas as persoas interesadas pode inscribir a través do correo electrónico c.xuventude@oleiros.org, no centro de Cultural A Fábrica ou no teléfono 981 63 65 98

martes, 3 de xuño de 2014

Gala final da II Edición de Oleiros Comedia


Oleiros Comedia, ten como obxectivo principal o de potenciar a creatividade e a espontaneidade na expresión oral en lingua galega, a vez que empregan as novas formas de comunicación para traballar a creatividade, empregar o humor para opinar sobre os temas de actualidade. O programa tivo dúas liñas de acción, por unha banda o traballo escrito e por outra o traballo escénico, onde se organizou un obradoiro de expresión artística.

O vindeiro 6 de xuño terá lugar a Gala final desta II edición de Oleiros Comedia, no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

Nesta ocasión participan un total de 15 rapaces e rapazas que falaran de: Os pais, qué paliza¡; As “Clases sociais” do insituto; Os mestres, qué paliza¡.

Estarán acompañados polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música que formar parte do Combo de Moderna.

A entrada ao auditorio é de balde ata completar a capacidade da sala.