venres, 6 de xuño de 2014

ANDARES POR GALICIA

O próximo día 21 de xuño levarase a cabo unha nova ruta do programa de sendeirismo Andares por Galicia – Oleiros polo monte. Nesta ocasión a ruta terá lugar polo Cordal de Ancares, en concreto polo primeiro tramo Tres Bispos - Penarubia, percorrendo un total de 18 km.

A ruta comezará no albergue de Ancares, seguindo polo camiño de campa dos Tres Bispos e chegando ata o Pico... dos Tres Bipos. Desde esta cume chegarase ata o pico de Penarubia. Dita ruta ten unha dificultade media - alta cun desnivel de 865m aproximadamente.

De xeito paralelo a esta ruta, e co obxecto de favorecer a participación, está programa unha ruta alternativa duns 15 km e cun desnivel de 480m que irá polo camiño de Campa do Carcabón ata a golada de Vara para regresar por Cabana Vella.

Todas as persoas interesadas pode inscribir a través do correo electrónico c.xuventude@oleiros.org, no centro de Cultural A Fábrica ou no teléfono 981 63 65 98