Andares por Galicia 2014

 
 
O pasado día 21 de marzo presentouse o programa de Andares por Galicia 2014 e Oleiros polo Monte. Este ano vaise compaxinar unha serie de actividades de sendeirismo xunto con outras de Iniciación a montaña e en moitos casos nunha mesma actividade poderase desenvolver as duas actividades conxuntamente.
 
Este ano os prezos programados para ditas actividades son os seguintes:
 
Andares por Galicia: 16,30€ para empadroados e 20,40€ para non empadroados.
Oleiros polo Monte:   14,10€ para empadroados e 23,50€ para non empadroados.
 
As inscricións para as rutas poderán facerse por correo electrónico no enderezo: c.xuventude@oleiros.org, por teléfono no 981.63.65.98, ou en persoa no Centro Cultural A Fábrica 15 días antes da celebración da ruta na que se queira participar.
 
Recordarvos que o material recomendado é:
  • Mochila pequeña para levar o indispensable
  • Botas de sendeirismo ou calzado axeitado e impermeable
  • Bastón de sendeirismo
  • Pantalón longo cómodo e transpirable
  • Chuvasqueiro e roupa de abrigo
  • Auga e comida lixeira e enerxética para xantar
  • Crema solar e gorra
  • Calcetíns e calzado de reposto.
 
 
A próxima ruta programada e a do:
 
Sábado 5 de Abril a Serra de O Bocelo. Veña¡. Animádevos e participade nesta nova temporada de sendeirismo e aventura. Os estamos esperando.