luns, 10 de febreiro de 2014

Cursos Celga

O Concello de Oleiros abre o prazo ata o 20 de febreiro para inscribirse nos cursos preparatorios das probas Celga dos niveis 1, 2, 3 e 4 da Xunta de Galicia. Aqueles cursos que outorgue a Secretaría Xeral de Política Lingüística está previsto que se impartan no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, de luns a xoves, en horario de tarde.

O Servizo de Normalización Lingüística está a elaborar unha listaxe de persoas en cada curso por orde de inscrición. Aquelas persoas interesadas poden informarse chamando ao teléfono 981 610 000 ou mandando un correo a l.filloy@oleiros.org.

O meu primeiro Celso Emilio

Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa –o escritor Celso Emilio Ferreiro- que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, levando sempre Galicia e a nosa lingua no corazón. Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e un CD con oito poemas musicados e cantados por María Manuela, Mini, Mero e Xiana.

Prezo: 2,5 euros. Este concerto será ás 21 horas e as entradas poranse á venda a partir das 20:00 horas.