venres, 21 de febreiro de 2014

Oleiros proxecta unha curta documental que amosa a educación en igualdade que se desenvolve nas escolas infantís do municipio

O Concello de Oleiros proxecta o próximo venres 21 de febreiro ás 19.00 horas no Centro Cultural A Fábrica a curta Xogando a ser iguais. Este breve documental pretende amosar a educación en igualdade que se desenvolve en todas as escolas infantís do Concello de Oleiros.  Ao longo do pasado ano desenvolvéronse distintas actividades cos nenos e nenas de 2 a 3 anos do último nivel das escolas infantís de Oleiros, as ditas actividades foron gravadas e serviron de base para a elaboración deste audiovisual. Esta proxección foi organizada para os seus protagonistas, os nenos e as nenas deses grupos de idade e as súas familias, polo que despois do audiovisual haberá unha sesión de contacontos a cargo de Teresa Grau.

A educación en igualdade nas escolas infantís é fundamental, xa que incorpora na educación dos homes e mulleres do futuro a perspectiva de igualdade. Este acto inclúese dentro da programación municipal para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra o vindeiro 8 de marzo.

Esta data reivindica a loita da muller pola súa participación total na sociedade, pola igualdade e polo seu desenvolvemento íntegro como persoa. O Concello de Oleiros fai desta reivindicación das mulleres unha causa propia, incorporando sempre a igualdade, de forma transversal, ás súas políticas e actuacións. Por este motivo, coincidindo con esta data, desenvolve unha ampla serie de actividades e actos desde distintas concellerías apoiando o papel da muller na nosa sociedade.

mércores, 19 de febreiro de 2014

Abrese o prazo para participar no "Concurso de disfraces Entroido 2014" do Concello de Oleiros


O xurado valorará a creatividade, posta en escena, orixinalidade, calidade na confección e as características dos materiais utilizados, ademais valorarase aqueles disfraces onde o conxunto de todos estes elementos sexa representativo do espírito festeiro do Entroido.
 
Neste concurso que se celebrará o próximo venres 7 de Marzo  a partir das 19;00hs. na polideportiva municipal Arsenio Iglesias de Sta Cruz, poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen.
 
Por ser este un concurso de disfraces non se valorarán as carrozas e as comparsas.
 
As persoas interesadas poderán inscribirse previamente antes das 12:00 h do xoves 6 de Marzo de 2014 por calquera das seguintes maneiras:
  • Por correo electrónico, enviando ao enderezo de correo electrónico e.rodríguez@oleiros.org a inscrición que poderán descargar na páxina web www.oleiros.org.
  • A través do teléfono 981 610 000.
  • Acudindo ás oficinas de Servizos Sociais na rúa Camilo Díaz Baliño de Oleiros.
 
Día da celebración do concurso, o venres 7 de Marzo, na polideportiva Arsenio Iglesias de Sta. Cruz entre as 19:00 e as 19:00 horas. 
 
 

martes, 18 de febreiro de 2014

O entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Obradoiros de Creación de Títeres a cargo de Dinamo Xestión.
8 sesións distribuídas nas 8 bibliotecas públicas municipais do Concello.
Número máximo de participantes: 20
Dirixido a nenas e nenos a partir de 5 anos.
Imprescindible inscribirse na biblioteca onde desexen participar.
As nenas e nenos participantes poderán realizar sinxelos monicreques confeccionados con variñas, pelotas de porexpan, gomaeva, feltro, etc. nun lúdico e divertido obradoiro de manualidades.
Todos os obradoiros terán lugar ás 18,30 h.
- 18 de febreiro: Biblioteca "Manuel María" de Oleiros (tfno. 981 610 700)
- 24 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda de Perillo (tfno. 981 639 511)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove (tfno. 981 639 515)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera (tfno. 981 628 507)
- 26 de febreiro: Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé (tfno. 981 618 201)
- 27 de febreiro: Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda (tfno. 981 626 638)
- 28 de febreiro: Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós (tfno. 981 664 257)
- 6 de marzo: Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz (tfno. 981 626 338)
Esperámosvos!

luns, 17 de febreiro de 2014

Voces calidas para noites de inverno 22 Febreiro

Mesa redonda: Alimentación, deporte e os nosos fill@s

Seguindo coa escola de pais e nais o vindeiro 20 de febreiro terá lugar unha nova mesa redonda no auditorio de A Fábrica ás 20:00.
Baixo o título a Alimentación, Deporte e os Nosos fill@s, pretendemos achegar aos pais e nais a importancia dunha alimentación saudable unida a unha vida con actividade física. Para abordar estes temas contarase coa presenza de:
  • Nerea Carregal Aller, nutricionista de ABAC, asociación de anorexia e bulima de A Coruña.
  • Sandra Fernández Carrera, licenciada en Ciencias da actividade física e o deporte.
  • Lorena Cambón Losada, Educadora social do programa Comida e Saúde de Oleiros 2013 - 2014.