venres, 13 de decembro de 2013

As pombas de Carboeiro

Trátase dun breve e ameno percorrido por algunhas músicas e textos medievais (as cantigas de Pero Meogo ou o romance del Conde Niño, por exemplo).

A aparente sobriedade da escenografía vai desvelando, pouco e pouco, un marabilloso e variado repertorio de trucos tan discretos, como eficaces e divertidos.

Data: 21 de decembro ás 20:30 horas

Lugar: Centro Cultural A Fábrica

Duración: 60 minutos

Idade recomendada: Todos os públicos, recomendado maiores 12 anos

Xenero: Narración oral e música en directo

OLIVER TWIST

As Escolas Municipais de Música e Danza, presentan 
OLIVER TWIST

Adaptación da obra homónima do escritor Charles Dickens

O 21 de decembro do 2013
ás 12:00 horas
no Auditorio Municipal Gabriel García Márquez


 Oliver Twist veu a este mundo de sombras, penas e preocupacións, a mediados do século XIX, nun deses antigos hospicios que poboaban unha cotrosa e inmunda cidade.
Os bailarín e bailarinas de 2º de Danza Clásica, Danza Carácter, 1º e 2º de Danza Contemporánea, 1º, 2º e 3º de Danza de Repertorio e 1º, 2º, 3º e 4º de Danza Moderna da Escola Municipal de Danza, en colaboracion coa Orquesta de Cordas, o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música e o Coro Statu Variabilis, darán vida a esta conmovedora historia que Charles Dickens escribiría por fascículos no 1837, cando apenas contaba con 25 anos de idade.


luns, 9 de decembro de 2013

Doces de Nadal

No Auditorio do Centro Cultural A Fábrica
Xoves 26 - Arrolos de salitre
Venres 27 - A nena e o grilo nun barquiño

Público Familiar. Idades recomendada maiores 3 anos.
Preso 2€. As entradas poñeranse á venda a partir das 18.00 horas.
Ata completar a capacidade da sala.


Concerto de Nadal da Banda

Sábado 14 de Decembro ás 18:00 horas



Mesa Redonda "Sexualidade non é algo que temos, é algo que somos"

O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Ensino e Xuventude organiza para o próximo xoves día 12 unha mesa redonda sobre educación sexual en adolescentes destinada para pais e nais da mocidade do municipio. A charla, que comezará ás 19.30 horas no auditorio do complexo cultural A Fábrica de Perillo, estará presentada por Sandra Fernández, concelleira de Ensino e Xuventude e moderada por Martín Vazquez Añel, sociólogo e educador no Programa de Educación Sexual Oleiros deste ano.
Na charla intervirá Vanesa Rodríguez Pousada, psicopedagoga e socia fundadora de ASEIA que falará de como orientar a comunicación afectivo-sexual cos nosos fillos e fillas e da influencia dos medios de comunicación. Posteriormente falará Ana María Luces Lago, matrona e formadora en educación afectivo-sexual, que disertará sobre a realidade das sexualidades adolescentes desde o punto de vista sanitario.