mércores, 5 de marzo de 2014

Viaxe Cultural


Madrid, cidade referente no panorama internacional pola súa importante oferta Cultural, e Ávila, cidade declarada patrimonio da humanidade en 1985, son as cidades que visitaremos na edición número nove da viaxe organizada polo Departamento de Cultura do 17 ao 20 de abril. El Escorial, Tordesillas e Segovia serán outros dos lugares que visitaremos. O prazo de inscrición para as persoas
interesadas que están empadroadas no Concello comeza o luns 10 de marzo. O prazo de inscrición conxunto, para persoas empadroadas e non empadroadas, en caso de non cubrirse as prazas no primeiro prazo, comezará o luns 17 de marzo.
As persoas participantes aloxaranse en Madrid nun hotel de 3* en habitacións dobres. O prezo inclúe transporte en autocar, visita guiada en Madrid (con entrada ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o museo nacional español de arte do século XX que conta con importantes coleccións de autores como Pablo Picasso, Salvador Dalí, Juan Gris, Eduardo Chillida e Antoni Tàpies, entre outros), visita guiada en Ávila (con entrada á Muralla e á Catedral), os almorzos dos días 18, 19 e 20, o xantar dos días 17 e 20 de marzo e seguro de viaxe.

As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse no teléfono 981610000 (Departamento de Cultura) ou no enderezo electrónico: cultura@oleiros.org