xoves, 9 de xaneiro de 2014

Aberto o prazo de inscrición no Obradoiro Municipal de Olería

Alfar do centro cultural As Torres, Santa Cruz

Datas: de febreiro a xuño e de outubro a decembro.
Horario: luns e martes de 18.30 a 20.30 horas.

Destinatarios/as: persoas interesadas no mundo da olería maiores de 18 anos.

Inscricións e máis información:
Departamento de Cultura: telf.: 981 610 000

Aberto o prazo de inscricion dos Obradoiros Teatrais Municipais

  • Obradoiro infantil de teatro: febreiro-xuño, sábados de 10.30 a 12.00 horas.
          Destinatarios/as: nenos e nenas nacidos entre os anos 2002 e 2007.
  • Obradoiro xuvenil de teatro: febreiro-xuño, sábados de 12.00 a 13.30 horas. 
          Destinatarios/as: rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2001 e 1996.
  • Obradoiro teatral para adultos: de febreiro a xuño e de setembro a novembro, martes e mércores de 18.00 a 20.00 horas.
          Destinatarios/as: maiores 18 anos

INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN
DEPARTAMENTO DE CULTURA: TELF.: 981.61.00.00

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Aberto o prazo de inscrición para actividades ocupacionais de servizos sociais

O Concello de Oleiros informa de que nos obradoiros ocupacionais que desenvolve a Concellería de Servizos Sociais existen prazas vacantes en varios dos cursos que se están levando a cabo, polo que dende o día de hoxe ata o 10 de xaneiro ábrese o prazo para que se inscriban as persoas interesadas.

As inscricións poden facelas a través da web municipal, www.oleiros.org, no apartado de sede electrónica, na carpeta cidadá, ou ben directamente nas oficinas de servizos sociais.
Os obradoiros nos que hai prazas libres son tapices, encaixe de bolillos, pintura, manualidades e costura. Estes obradoiros desenvólvense en distintas localidades, algúns deles en horario de mañá e outros pola tarde.