mércores, 30 de outubro de 2013

Curso de Iniciación á Educación Ambiental

Para maiores de 18 anos
Lugar: Centro de Lecer Portaberta
Datas 19-22-26-29 de novembro
Horarios: 19:30 a 21:30
Prazas: 25

Máis información no Centro de Información Xuvenil
Rúa do Inglés, 13- Perillo
Tel. 981636598
c.xuventude@oleiros.org

Curso de Especialización en Animación

Para maiores de 18 anos
Lugar: Centro de Lecer Portaberta
Datas 9-10-11-12 de decembro
Horario: de 19:30 a 21:30
Prazas: 25

Máis información no Centro de Información Xuvenil
Rúa do Inglés, 13- Perillo
Tel. 981636598
c.xuventude@oleiros.org


martes, 29 de outubro de 2013

Programa de reforzo e apoio escolar

O Concello de Oleiros, a través da súa Concellería de Ensino e Xuventude, pon en marcha para o curso 2013 - 2014, un novo programa educativo dirixido ao alumnado de primaria e secundaria dos Centros Educativos de Oleiros.
PRAEMO, é un programa de reforzo e apoio escolar que se enmarca dentro do Plan Municipal de Absentismo Escolar, co obxectivo fundamental de previr o fracaso escolar. E que nace no só para reforzar as aprendizaxes desenvolvidas nas aulas senón tamén para a promoción de hábitos e actitudes cara o estudo, incidindo así na prevención do fracaso escolar.
A finalidade do programa é o de favorecer a igualdade de oportunidade do alumnado pertencente a familias de baixo nivel socioeconómico, traballando cos participantes as habilidades sociais, os valores así como fortalecendo a súa personalidade.
Obxectivos

  • Apoiar ás familias na educación dos seus fillos fora do horario escolar e ao alumnado, apoialo no avance e desenvolvemento dos seus estudos.
  • Promover hábitos e técnicas de estudo, reforzando as aprendizaxes que se levan a cabo na escola.
Destinatarios
  • Alumnado de primaria e secundaria de Oleiros.
Lugares, días e horarios
Alumnado de Primaria
  • Casa do Pobo de Nós, luns de 17:30 a 19:30.
  • Local social de Rialta, martes de 16:45 a 18:45.
  • Casa da Cultura de Perillo, mércores de 17:00 a 19:00.
Alumnado de Secundaria
  • Local social de Rialta, mércores de 16:45 a 18:45.
  • Casa do Pobo de Nós, xoves de 17:30 a 19:30.
  • Casa da Cultura de Perillo, venres de 17:00 a 19:00.
 Máis información: Centro de Información Xuvenil, A Fábrica no teléfono 981 636 598 ou no correo c.xuventude@oleiros.org

luns, 28 de outubro de 2013

XXIV Feira do Mel

3 de Novembro do 2013

Horarios
10.00 Apertura
12.00 Actuación do grupo Semente Nova de Perillo
12.30 Actuación do grupo Os Rueiriños de Nós
13.00 Actuación da Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros
16.30 Animación infantil para os mais peques
18.15 Magosto e queimada amenizada pola Orquesta "Os Trovadores"

Tamén estarán durante toda a xornada:
* Pulpeira de Melide
* Panadería da Cunha
* Postos de queixos


Novo grafitte no mirador de Bastiagueiro

Xa está preparado o novo grafitte do mirador de bastiagueiro.





Mesa redonda. "Incorporación dos nenos/as ao mundo escolar"



O proximo día 30 de Outubro vaise a celebrar no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica unha mesa redonda sobre a "Incorporación dos nenos/as ao mundo escolar".
Na mesa redonda participarán: María Rodriguez, directora da Escola Infantil a Pardela; Mercedes Barrera, directora do CEIP Isidro Parga Pondal; Paz Gonçalves, mestra; Celso Carlos Carrera López, pai e Mª Angeles Pérez Iglesias, nai.

O acto comezará as 20:30 horas sendo a entrada libre ata completar a capacidade da sala.