mércores, 19 de marzo de 2014

Entrega de premios concurso "As mulleres da miña Vila"

O Concello de Oleiros, dentro do programa ESCOLAcoeducativa destinado á promoción dos valores da Igualdade nos centros educativos, organizará este venres día 21 ás 19:00h no Centro Cultural A Fábrica un acto público de recoñecemento ás mulleres protagonistas dos traballos presentados polo alumnado de 1º e 2º da ESO ao concurso. Así mesmo,  farase entrega do premio ao autor ou autora do traballo que obtivo unha maior puntuación nas valoracións do xurado.
 
 Información sobre a actividade:
O Concello de Oleiros, co fin de integrar a coeducación no quefacer diario dos centros educativos, puxo en marcha un programa de coeducación para Educar en Igualdade, e traballar así a promoción dos valores da Igualdade de oportunidades. O programa conta con  diversas actuacións que se van desenvolvendo ao longo do ano, traballándose de forma máis específica datas sinaladas como o 8 de marzo. Entre as actuacións coeducativas previstas para conmemorar o 8 de marzo estivo a organización do I Concurso “As mulleres da miña vila” dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO, no que se lles propuxo que investigasen sobre a vida das mulleres do noso Concello e fixesen a súa “historia de vida”. A actividade tivo como finalidade educativa  ampliar o seu coñecemento sobre a historia do Concello, dar a coñecer a vida das mulleres como protagonistas da nosa historia máis recente, e visibilizar as desigualdades entre mulleres e homes no ámbito familiar, laboral, social, etc.
Entre todas as historias de vida presentadas ao concurso, un xurado composto por persoal da Concellería de Ensino e Xuventude e membros das ANPAs, tivo a misión de seleccionar a historia gañadora do premio. Foron varios os criterios que se tiveron en conta á hora de seleccionar os traballos, pero tiveron un grande peso a creatividade e/ou orixinalidade na exposición do traballo, o formato de presentación, e a coherencia entre o traballo e a temática do concurso, entre outros.
 
Os 25 traballos finalistas recolléranse nunha edición electrónica que será distribuída entre os centros educativos participantes e publicarase na páxina web do concello. Así mesmo, cos autores e autoras dos traballos finalistas gravouse un audiovisual para dar a coñecer os traballos e facerlles unha homenaxe ás mulleres protagonistas.
                                                                                                                      
A entrega do premio, e o visionado do audiovisual, terá lugar este venres día 21 de marzo ás 19:00h no Centro Cultural A Fábrica. Neste acto de portas abertas realizarase un recoñecemento público ás mulleres protagonistas das historias de vida, pola súa contribución a favor da familia e/ou pola súa actividade produtiva local. Con esta homenaxe preténdese dar a coñecer cal era a situación da muller, na historia máis inmediata, e poñer en valor as actuacións de mulleres que poidan ser motivadoras para a sociedade en xeral.


Presentación do programa "Andares por Galicia 2014"

Venres 21 de marzo ás 20:30 horas
Centro Cultural A Fábrica

O Concello de Oleiros presentará o próximo venres ás 20.30 horas no auditorio da Fábrica a nova edición do programa de sendeirismo e montañismo Andares por Galicia. Este programa é un conxunto de interesantes actividades de sendeirismo clásico cunha dificultade media e alta.  A programación para este ano, suxeita a cambios por cuestións da climatoloxía e outros imprevistos, inclúe visitas á Serra do Bocelo (5 de abril), ao Canón do Eume (10 de maio), Río Mao (4 de outubro) e Devesa da Rogueira (15 de novembro).

Ademais, co obxecto de aumentar a participación xuvenil e crear un grupo de mozos e mozas interesados nas actividades na natureza, poñemos en marcha Oleiros polo monte, programa de sendeirismo de montaña cun nivel alto de dificultade. A programación para este ano, suxeita a cambios por cuestións da climatoloxía, prevé visitar Cordal Ancares (21 de xuño), Fervenzas do río Cambás (19 de xullo), Pico Catoute (6 de setembro).

A inscrición para as rutas poderase facer por correo electrónico,
c.xuventude@oleiros.org, por teléfono no 981 636 598 ou ben en persoa no centro cultural A Fábrica 15 días antes da celebración da ruta na que se queira participar.


Enlace a páxina de información




luns, 17 de marzo de 2014

Campa Abril



CAMPA ABRIL
Campamento de tres días onde os nenos e nenas a través de actividades artísticas educativas, aprenderán xogando, traballaremos na súa autonomía persoal e na adquisición de hábtiso saudables.
Levarán a cabo obradoiros de cociña divertida, de cómic, de reciclaxe e sobre todo grandes xogos de animación en grupo.

DESTINARIOS:
  • Nenos e nenas nacidos entre o 2011 e o 2008.
  • Nenos e nenas nacidos entre o 2007 e o 2002.
 LUGAR:  CEIP Isidro Parga Pondal.
 
 HORARIO:  9:00 – 14:00 horas.
 TEMPORALIZACIÓN: 14, 15 e 16 de abril.
 NÚMERO DE PRAZAS:
  •  25 prazas para os nacidos entre o 2011 e o 2008
  •  25 prazas para os nacidos entre o 2007 e o 2002
 PREZO ORIENTATIVO: 24,50 € (Empadroados - 40,80 € (Non empadroados)
 PREINSCRICIÓN:
  • Ata o 25 de marzo.
  • Pódese facer a través do correo electrónico c.xuventude@oleiros.org, presencialmente nas oficinas do Centro Cultural A Fábrica , ou a través da Web municipal www.oleiros.org .
 SORTEO: 26 de marzo, no auditorio de A Fábrica. En caso de que se houbera máis solicitudes que prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público (letra por apelido)

 INSCRICIÓN: Do 27 de marzo ata o 2 de abril.
 
Folleto informativo
Folla de inscrición

Contando en Feminino

Contos sobre a igualdade por Ana Hermida

19 de Marzo ás 18:30 horas
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz

A Partir de 3 anos.

Concerto Najla Shami

20 de Marzo ás 20.00 horas
Teatro As torres de Santa Cruz
Najla Shami Canta a Rosalía de Castro




Teatro "As do Peixe"

Sabado 22 de marzo ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez