luns, 28 de outubro de 2013

Mesa redonda. "Incorporación dos nenos/as ao mundo escolar"



O proximo día 30 de Outubro vaise a celebrar no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica unha mesa redonda sobre a "Incorporación dos nenos/as ao mundo escolar".
Na mesa redonda participarán: María Rodriguez, directora da Escola Infantil a Pardela; Mercedes Barrera, directora do CEIP Isidro Parga Pondal; Paz Gonçalves, mestra; Celso Carlos Carrera López, pai e Mª Angeles Pérez Iglesias, nai.

O acto comezará as 20:30 horas sendo a entrada libre ata completar a capacidade da sala.