martes, 29 de outubro de 2013

Programa de reforzo e apoio escolar

O Concello de Oleiros, a través da súa Concellería de Ensino e Xuventude, pon en marcha para o curso 2013 - 2014, un novo programa educativo dirixido ao alumnado de primaria e secundaria dos Centros Educativos de Oleiros.
PRAEMO, é un programa de reforzo e apoio escolar que se enmarca dentro do Plan Municipal de Absentismo Escolar, co obxectivo fundamental de previr o fracaso escolar. E que nace no só para reforzar as aprendizaxes desenvolvidas nas aulas senón tamén para a promoción de hábitos e actitudes cara o estudo, incidindo así na prevención do fracaso escolar.
A finalidade do programa é o de favorecer a igualdade de oportunidade do alumnado pertencente a familias de baixo nivel socioeconómico, traballando cos participantes as habilidades sociais, os valores así como fortalecendo a súa personalidade.
Obxectivos

  • Apoiar ás familias na educación dos seus fillos fora do horario escolar e ao alumnado, apoialo no avance e desenvolvemento dos seus estudos.
  • Promover hábitos e técnicas de estudo, reforzando as aprendizaxes que se levan a cabo na escola.
Destinatarios
  • Alumnado de primaria e secundaria de Oleiros.
Lugares, días e horarios
Alumnado de Primaria
  • Casa do Pobo de Nós, luns de 17:30 a 19:30.
  • Local social de Rialta, martes de 16:45 a 18:45.
  • Casa da Cultura de Perillo, mércores de 17:00 a 19:00.
Alumnado de Secundaria
  • Local social de Rialta, mércores de 16:45 a 18:45.
  • Casa do Pobo de Nós, xoves de 17:30 a 19:30.
  • Casa da Cultura de Perillo, venres de 17:00 a 19:00.
 Máis información: Centro de Información Xuvenil, A Fábrica no teléfono 981 636 598 ou no correo c.xuventude@oleiros.org