luns, 10 de febreiro de 2014

Cursos Celga

O Concello de Oleiros abre o prazo ata o 20 de febreiro para inscribirse nos cursos preparatorios das probas Celga dos niveis 1, 2, 3 e 4 da Xunta de Galicia. Aqueles cursos que outorgue a Secretaría Xeral de Política Lingüística está previsto que se impartan no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, de luns a xoves, en horario de tarde.

O Servizo de Normalización Lingüística está a elaborar unha listaxe de persoas en cada curso por orde de inscrición. Aquelas persoas interesadas poden informarse chamando ao teléfono 981 610 000 ou mandando un correo a l.filloy@oleiros.org.