mércores, 8 de xaneiro de 2014

Aberto o prazo de inscrición para actividades ocupacionais de servizos sociais

O Concello de Oleiros informa de que nos obradoiros ocupacionais que desenvolve a Concellería de Servizos Sociais existen prazas vacantes en varios dos cursos que se están levando a cabo, polo que dende o día de hoxe ata o 10 de xaneiro ábrese o prazo para que se inscriban as persoas interesadas.

As inscricións poden facelas a través da web municipal, www.oleiros.org, no apartado de sede electrónica, na carpeta cidadá, ou ben directamente nas oficinas de servizos sociais.
Os obradoiros nos que hai prazas libres son tapices, encaixe de bolillos, pintura, manualidades e costura. Estes obradoiros desenvólvense en distintas localidades, algúns deles en horario de mañá e outros pola tarde.