venres, 15 de novembro de 2013

Mesa redonda "Iguadade de Xénero e Educación"



A Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros, organiza unha mesa redonda sobre a Igualdade de xénero e a Educación, que terá lugar no Centro Cultural A Fábrica o día 20 de novembro ás 20:00 h.

Esta mesa redonda enmarcase dentro do programa de educación para a saúde de Oleiros, en concreto na Escola de Pais e Nais. O obxectivo destas mesas redondas é o de achegar a todos os pais e nais, así como os veciños en xeral, as distintas accións e programas que o Concello de Oleiros leva a cabo nos Centros Educativos. Xa que o éxitos dos programas educativos está na colaboración conxunta e estreita entre familias, centros educativos e Concello.

O día 20 de novembro falaremos da igualdade de xénero e da educación desde a liña da investigación no social e no mundo escolar, dos programa de intervención cos adolescentes e presentarase o programa Escola Coeducativa que o Concello de Oleiros pon a andar neste curso 2013 – 2014.

A mesa estará composta por Dona Ana Iglesias Galdo, decana de Ciencias da Educación da UDC, co seu relatorio “Igualdade de xénero e educación, de qué falamos?; Dona Natalia Domínguez Galán, educadora social, co seu relatorio “A experiencia profesional de intervención en programas de igualdade con adolescentes” e Dona Sandra Fernández Fernández, concelleira de Ensino e Xuventude de Oleiros, con “ Escola Coeducativa”.